NEUTRALIDADE E SESGOS ALGORÍTMICOS

Cres que os algoritmos inflúen nas nosas vidas? De que xeito ou en que ámbitos?

Si creo que os algoritmos inflúen nas nosas vidas. Estes poden estar presentes en todos os ámbitos nos que se necesite tomar algunha decisión ou establecer un orde, como por exemplo quen iban ser os primeiros en imunizarse do COVID.  

A que nos referimos cando falamos de “algoritmos inxustos”? En que consiste o “mathwashing” ou lavado matemático? 

Falamos de "algoritmos inxustos" cando realizamos un algoritmo e a hora de resolver o problema discrimina a un dos factores, deixando a este de lado.  O "mathwashing" é a acción das empresas para xustificar os seus actos a través de números basado na neutralidad de estes para excusar a súa imparcialidade na toma de decisión.

Son máis xustas as decisións baseadas en sistemas de intelixencia artificial que aquelas tomadas por persoas?

Eu creo que as decisións baseadas en sistemas de intelixencia artificial son  máis xustas que as tomadas por persoas, xa que estes non teñen prexuízos como as persoas. Aínda así neste caso tamén pode haber excepcións como pasa cos "algoritmos inxustos".

Que papel xoga a dimensión ética no desenvolvemento da intelixencia artificial? 

 A dimensión ética no desenvolvemento da intelixencia artificial xoga un papel moi importante, xa que isto axudará a que as máquinas non fagan dano a os seres vivos. Anque isto non sempre é bo, xa que hai que ter en conta que darlle unha conscisncia a unha intelixencia artificial non é o mesmo que asignarlle unhas funcións específicas. 

Pensas que son necesarios ou útiles plans como a Estratexia Nacional de Intelixencia Artifical (ENIA)?

Estos plans parécenme necesarios, xa que con isto os algoritmos inxustos poden ser evitados e que estes non sucedan máis. Anque hai que ter en conta que isto non ten porque ser fiable ao 100% xa que sempre pode haber algún destes algoritmos que se cole. 

 

Comentarios