ENTREVISTA A CHEMA ALONSO
O programa de "Nos Espías" de Salvador (La Sexta,2013) nun dos seus programas entrevistou a Chema Alonso. Chema Alonso é un hacker profesional e un experto en ciberseguridade. Este recorre o mundo dando charlas sobre as diferentes técnicas utilizadas polos hacker e tamén sobe a ciberseguridade, polo que está considerado un dos mellores de España e do mundo.
Na entrevista realizada a Chema Alonso, o presentador faille unha serie de preguntas sobre a seguridade e sobe como os hackers poden entrar nas redes alleas e polo tanto roubar identidades, contrasinais, etc. Chema Alonso despois de responder as preguntas feitas ao principio sobe diferentes temas,faille dúas demostracións de como se pode entrar, por exemplo, no correo. Unha destas demostración consistía en establecer unha wifi gratuíta, polo que cando a xente se unía a esta podíase acceder as contrasinais e diferente información privada. A parte disto, ao final antes de acabar a entrevista fala sobre os virus e como con estes, insertandoos nos dispositivos de persoas tamén se pode acceder a os seus datos persoais. En conclusión, quere dicir que as persoas podemos ser moi vulnerables cando andamos na internet.
Hoxe en día as persoas estamos conectadas a internet as 24 horas do día o que fai que podamos ser mais vulnerables do que o eramos fai uns anos. Tamén é verdade que hai persoas que son conscientes e que polo tanto tomas precaución, como instalar antivirus no seu ordenador, pero hai outras que no. Estas últimas son as que se presentan máis vulnerables tanto a coller un virus no ordenador como a que un hacker invada a súa privacidad. A continuación, deixarei a entrevista da que falei anteriormente.
Comentarios
Publicar un comentario